Posts Tagged “reganosa”

fenosaUNIÓN FENOSA continúa a tradición asoballadora daquela empresa creada por Pedro Barrié de la Maza en 1943, cuxa primeira actuación como “Fuerzas Eléctricas del Noroeste” foi a continuación das obras do encoro das Conchas que foran iniciadas meses antes polas sociedades fundadoras de Fenosa: Banco Pastor, Hijos de Olimpio Pérez e Industrias Gallegas. Coa adquisición das concesións para o aproveitamento integral do río Miño comezaba toda unha xeira de construción de encoros desde Portomarín aos Peares. En 1962 iníciase a construción do encoro de Velle e as sondaxes previas á do encoro de Castrelo de Miño, ao tempo que lle é outorgada a concesión do aproveitamento hidroeléctrico do río Avia, mediante o chamado Salto de Albarellos.

(more…)

Comments No Comments »

.::FRENTE POPULAR GALEGA::.
Pechar
E-mail It