Posted by: admin in Xeral, tags: fenosa
A treboada que o pasado fin de semana abourou por Galiza deixou ás claras as deficiencias en seguridade e subministración eléctrica das empresas operadores: Unión Fenosa e Begasa; que afectou a todo o territorio. Mais tamén se puido constatar que Galiza precisa dunha revisión completa da rede eléctrica, competencia que é da Xunta esixirlle ás eléctricas.Os datos de familias afectadas e o tempo que tardou en restabelecerse é realmente moi preocupante. A crónica é a seguinte:
(more…)
Compartir
No Comments »
A actual crise económica derivada da problemática na construción e no negocio inmobiliario non supón unha reestruturación na orde financeira senón unha nova redistribución da especulación.
A presente e presentida situación dos bancos reflicte até que punto chegou o negocio e o lucro inmobiliario: peche de empresas do sector da construción; baixada dos prezos da vivenda; Caixa Galicia comezará a súa privatización; o Banco Pastor perde valor en bolsa e vende empresas asesoras así como accións en Unión Fenosa; repuntes continuados do Euribor; continuadas baixadas en bolsa das bancas… Até o propio Banco de España solicita maiores “garantías” para as hipotecas fronte ao temor da morosidade e da suspensión de pagos de varias empresas, sobre todo da construción.
(more…)
Compartir
No Comments »
Recuperamos do Arquivo Nacional da FPG unha octavilla distribuida en Compostela polo mes de maio de 1968 chamando á solidariedade coa loita dos labregos en Castrelo de Miño.
(more…)
Compartir
No Comments »
En abril de 1976 o Consello de Forzas Políticas Galegas (CFPG), integrado pola UPG, PSG e PGSD, sacaban á luz as “Medidas económicas para un programa de goberno provisorio galego”, facendo parte das chamadas “Bases Constitucionais”. O panfleto ao que nos referimos foi publicado e distribuído pola UPG, a organización histórica do nacionalismo e a única que vive hoxe en día daquel CFPG. Non é a intención deste texto facer unha chamada en alto para volver ás medidas de hai 30 anos mais si para exemplificar a mudanza teórica e práctica dunha UPG que controla (en todos os sensos) a Consellaría de Industria, é dicir, a consellaría que intervén directamente nas medidas da política enerxética da nosa nación. (more…)
Compartir
No Comments »
UNIÓN FENOSA continúa a tradición asoballadora daquela empresa creada por Pedro Barrié de la Maza en 1943, cuxa primeira actuación como “Fuerzas Eléctricas del Noroeste” foi a continuación das obras do encoro das Conchas que foran iniciadas meses antes polas sociedades fundadoras de Fenosa: Banco Pastor, Hijos de Olimpio Pérez e Industrias Gallegas. Coa adquisición das concesións para o aproveitamento integral do río Miño comezaba toda unha xeira de construción de encoros desde Portomarín aos Peares. En 1962 iníciase a construción do encoro de Velle e as sondaxes previas á do encoro de Castrelo de Miño, ao tempo que lle é outorgada a concesión do aproveitamento hidroeléctrico do río Avia, mediante o chamado Salto de Albarellos.
(more…)
Compartir
No Comments »