As enerxéticas, saída para a crise bancaria
Posted by: admin in Xeral, tags: bancopastor, caixagalicia, caixanova, consellaría de industria, endesa, fenosa, repsol
A actual crise económica derivada da problemática na construción e no negocio inmobiliario non supón unha reestruturación na orde financeira senón unha nova redistribución da especulación.
A presente e presentida situación dos bancos reflicte até que punto chegou o negocio e o lucro inmobiliario: peche de empresas do sector da construción; baixada dos prezos da vivenda; Caixa Galicia comezará a súa privatización; o Banco Pastor perde valor en bolsa e vende empresas asesoras así como accións en Unión Fenosa; repuntes continuados do Euribor; continuadas baixadas en bolsa das bancas… Até o propio Banco de España solicita maiores “garantías” para as hipotecas fronte ao temor da morosidade e da suspensión de pagos de varias empresas, sobre todo da construción.
En abril de 1976 o Consello de Forzas Políticas Galegas (CFPG), integrado pola UPG, PSG e PGSD, sacaban á luz as “Medidas económicas para un programa de goberno provisorio galego”, facendo parte das chamadas “Bases Constitucionais”. O panfleto ao que nos referimos foi publicado e distribuído pola UPG, a organización histórica do nacionalismo e a única que vive hoxe en día daquel CFPG. Non é a intención deste texto facer unha chamada en alto para volver ás medidas de hai 30 anos mais si para exemplificar a mudanza teórica e práctica dunha UPG que controla (en todos os sensos) a Consellaría de Industria, é dicir, a consellaría que intervén directamente nas medidas da política enerxética da nosa nación. 
Entries (RSS)