Posts Tagged “caixanova”

1A actual crise económica derivada da problemática na construción e no negocio inmobiliario non supón unha reestruturación na orde financeira senón unha nova redistribución da especulación.

A presente e presentida situación dos bancos reflicte até que punto chegou o negocio e o lucro inmobiliario: peche de empresas do sector da construción; baixada dos prezos da vivenda; Caixa Galicia comezará a súa privatización; o Banco Pastor perde valor en bolsa e vende empresas asesoras así como accións en Unión Fenosa; repuntes continuados do Euribor; continuadas baixadas en bolsa das bancas… Até o propio Banco de España solicita maiores “garantías” para as hipotecas fronte ao temor da morosidade e da suspensión de pagos de varias empresas, sobre todo da construción.

(more…)

Comments No Comments »

fenosaUNIÓN FENOSA continúa a tradición asoballadora daquela empresa creada por Pedro Barrié de la Maza en 1943, cuxa primeira actuación como “Fuerzas Eléctricas del Noroeste” foi a continuación das obras do encoro das Conchas que foran iniciadas meses antes polas sociedades fundadoras de Fenosa: Banco Pastor, Hijos de Olimpio Pérez e Industrias Gallegas. Coa adquisición das concesións para o aproveitamento integral do río Miño comezaba toda unha xeira de construción de encoros desde Portomarín aos Peares. En 1962 iníciase a construción do encoro de Velle e as sondaxes previas á do encoro de Castrelo de Miño, ao tempo que lle é outorgada a concesión do aproveitamento hidroeléctrico do río Avia, mediante o chamado Salto de Albarellos.

(more…)

Comments No Comments »

.::FRENTE POPULAR GALEGA::.
Pechar
E-mail It