Posts Tagged “As Pontes”

basesEn abril de 1976 o Consello de Forzas Políticas Galegas (CFPG), integrado pola UPG, PSG e PGSD, sacaban á luz as “Medidas económicas para un programa de goberno provisorio galego”, facendo parte das chamadas “Bases Constitucionais”. O panfleto ao que nos referimos foi publicado e distribuído pola UPG, a organización histórica do nacionalismo e a única que vive hoxe en día daquel CFPG. Non é a intención deste texto facer unha chamada en alto para volver ás medidas de hai 30 anos mais si para exemplificar a mudanza teórica e práctica dunha UPG que controla (en todos os sensos) a Consellaría de Industria, é dicir, a consellaría que intervén directamente nas medidas da política enerxética da nosa nación. (more…)

Comments No Comments »

.::FRENTE POPULAR GALEGA::.
Pechar
E-mail It