Posted by: admin in Xeral
Nesta ligazón pódese ler o informe que a Federación Ecoloxista Galega fixo público reclamando a suspensión cautelar do decreto eólico. Esta medida veñen demostrar dende outro lado, o ecolóxico, a necesidade de revisar e pór en cuestión o Plano Eólico da Xunta. A Frente Popular Galega leva desenvolvendo este ano unha campaña de denuncia dos defectos que deben ser revisados neste reparto eólico.
Ler mais »
Compartir
Sen comentarios »
Posted by: admin in Opinión
Matilde Álvarez
O BNG comunicou publicamente que sería transparente en todo o proceso que envolve ao Plan Eólico. Recollemos esa oferta para facer novas interrogacións sobre este á vez que esiximos que sexan respostadas as que fixemos con anterioridade.
Ler mais »
Compartir
Sen comentarios »
Posted by: admin in Opinión
Matilde Álvarez
1. Fracasa A Nosa Terra.
Fracasou A Nosa Terra. O salto en expansión de lectores que buscaron os novos emprendedores (con Jacinto Rey, Victorino Núñez e Miguel Barros á cabeza) caeu de bruces. Mala aposta. O xornal nacionalista por excelencia ficou atado nos propios marcos nacionalistas. Para iso, para nada, trataron de hexemonizar a prensa galega nacionalista con intentos de apoderarse doutros medios, incluídos dixitais. Hai cousas que se contaxian dentro do BNG.
A Nosa Terra non ten maior futuro do que sempre tivo. De nada serve que alí escriban os imperialistas do PP e do PSdeG, que son e serán sempre iso xa que obedecen ao Estado Imperialista Español. A Nosa Terra é un globo desinflado.
Ler mais »
Compartir
Sen comentarios »
Posted by: admin in Opinión
Matilde Álvarez
Resulta unha nova aldraxe política chea de escurantismo a contratación, non publicitada, da empresa “Ela Ingeniería y Medio Ambiente”, constituída por exbecarios do INEGA e que se encarga da “ordenar e sistematizar” os proxectos eólicos. A causa desta contratación co valor de 29.550 euros é que están desbordados polo traballo.
Ler mais »
Compartir
1 Comment »
Posted by: admin in Opinión
Matilde Álvarez
O Plano Eólico aprobado pola Consellaría de Industria (ao mando de Fernando Blanco, UPG-BNG) en marzo deste ano, coincidiu de cheo no debate mundial das alternativas enerxéticas. A produción eólica, sendo unha enerxía de carácter renovábel, permite unha aparente boa recepción no pobo: procúranse alternativas ao petróleo con enerxías limpas (cando o debate real non é a alternativa ao petróleo senón o descenso do seu uso).
Ler mais »
Compartir
Sen comentarios »