Archive for the “Xeral” Category


penosaA treboada que o pasado fin de semana abourou por Galiza deixou ás claras as deficiencias en seguridade e subministración eléctrica das empresas operadores: Unión Fenosa e Begasa; que afectou a todo o territorio. Mais tamén se puido constatar que Galiza precisa dunha revisión completa da rede eléctrica, competencia que é da Xunta esixirlle ás eléctricas.Os datos de familias afectadas e o tempo que tardou en restabelecerse é realmente moi preocupante. A crónica é a seguinte:

(more…)

Comments No Comments »

.A Frente Popular Galega (FPG) quere facer públicas as súas consideracións tralo resultado do concurso eólico.

A nosa organización levou a cabo este ano unha campaña de denuncia do Decreto eólico por mor da filosofía empregada na súa elaboración e no seu contido no que respecta á xestión pública da enerxía eólica.

(more…)

Comments No Comments »

aeroxerador Serra do CandánToda a información que xira nas últimas semanas arredor dos aeroxeradores versa sobre o reparto das concesións de parques eólicos.Lévase dito de moitas maneiras; todo o decreto eólico é problemático desde o punto de vista ecolóxico, de conservación do patrimonio e tamén, claro está, desde os puntos de vista económico e do sistema de reparto das concesións administrativas.

Non é o reparto o único problema.

(more…)

Comments No Comments »

.O Decreto 242/2007 do 13 de decembro do 2007 polo que se regula a enerxía eólica, publicado no DOG o 3 de xaneiro de 2008, contén unha concepción da xestión pública da enerxía eólica que a FPG decidiu denunciar durante o presente ano cunha campaña co lema “Produción enerxética, lucro colonial”. Achégase o día que se fará pública a adxudicación dos case 2.500 MW ós diferentes proxectos presentados polas empresas que optan. Neste momento é cando a nosa organización política decidiu recompilar as diferentes denuncias que fixemos públicas no blog da campaña.

A FPG vén de presentar por rexistro xeral (4 de decembro) unha solicitude para consultar o expediente de contratación da empresa ELA Ingeniería y Medioambiente. Agardamos a transparencia coa que se alagou o propio conselleiro e o seu partido, BNG/UPG, aínda que desconfiamos dela pois xa ERVA solicitou a consulta do mesmo expediente e só atoparon escusas e trabas. Mesmo lles solicitaron demostrar ser parte interesada cando se trata dun colectivo ecoloxista e o Decreto eólico ten impacto medioambiental.

(more…)

Comments No Comments »

FEGNesta ligazón pódese ler o informe que a Federación Ecoloxista Galega fixo público reclamando a suspensión cautelar do decreto eólico. Esta medida veñen demostrar dende outro lado, o ecolóxico, a necesidade de revisar e pór en cuestión o Plano Eólico da Xunta. A Frente Popular Galega leva desenvolvendo este ano unha campaña de denuncia dos defectos que deben ser revisados neste reparto eólico.

(more…)

Comments No Comments »

.::FRENTE POPULAR GALEGA::.
Pechar
E-mail It