Posted by: admin in Xeral, tags: fenosa
A treboada que o pasado fin de semana abourou por Galiza deixou ás claras as deficiencias en seguridade e subministración eléctrica das empresas operadores: Unión Fenosa e Begasa; que afectou a todo o territorio. Mais tamén se puido constatar que Galiza precisa dunha revisión completa da rede eléctrica, competencia que é da Xunta esixirlle ás eléctricas.Os datos de familias afectadas e o tempo que tardou en restabelecerse é realmente moi preocupante. A crónica é a seguinte:
Ler mais »
Compartir
Sen comentarios »
Posted by: admin in Xeral
A Frente Popular Galega (FPG) quere facer públicas as súas consideracións tralo resultado do concurso eólico.
A nosa organización levou a cabo este ano unha campaña de denuncia do Decreto eólico por mor da filosofía empregada na súa elaboración e no seu contido no que respecta á xestión pública da enerxía eólica.
Ler mais »
Compartir
Sen comentarios »
Posted by: admin in Xeral
Toda a información que xira nas últimas semanas arredor dos aeroxeradores versa sobre o reparto das concesións de parques eólicos.Lévase dito de moitas maneiras; todo o decreto eólico é problemático desde o punto de vista ecolóxico, de conservación do patrimonio e tamén, claro está, desde os puntos de vista económico e do sistema de reparto das concesións administrativas.
Non é o reparto o único problema.
Ler mais »
Compartir
Sen comentarios »
Posted by: admin in Xeral
O Decreto 242/2007 do 13 de decembro do 2007 polo que se regula a enerxía eólica, publicado no DOG o 3 de xaneiro de 2008, contén unha concepción da xestión pública da enerxía eólica que a FPG decidiu denunciar durante o presente ano cunha campaña co lema “Produción enerxética, lucro colonial”. Achégase o día que se fará pública a adxudicación dos case 2.500 MW ós diferentes proxectos presentados polas empresas que optan. Neste momento é cando a nosa organización política decidiu recompilar as diferentes denuncias que fixemos públicas no blog da campaña.
A FPG vén de presentar por rexistro xeral (4 de decembro) unha solicitude para consultar o expediente de contratación da empresa ELA Ingeniería y Medioambiente. Agardamos a transparencia coa que se alagou o propio conselleiro e o seu partido, BNG/UPG, aínda que desconfiamos dela pois xa ERVA solicitou a consulta do mesmo expediente e só atoparon escusas e trabas. Mesmo lles solicitaron demostrar ser parte interesada cando se trata dun colectivo ecoloxista e o Decreto eólico ten impacto medioambiental.
Ler mais »
Compartir
Sen comentarios »
Posted by: admin in Denuncia
A FPG presentou por rexistro o pasado 4 de decembro na Consellaría de Innovación e Industria un escrito solicitando a consulta do expediente de contratación da empresa ELA, Ingeniería y Medio Ambiente.
Ler mais »
Compartir
Sen comentarios »