dereito á enerxíaA asociación Dereito á Enerxía desenvolverá en Compostela entre os días 11 e 15 de maio unha xuntanza do seu Comité Executivo, onde se fará ademais unha presentación pública desta organización non gobernamental internacional, con sede no Estado francés e que ten estatuto consultivo especial perante o Consello Económico e Social das Nacións Unidas.

Ler mais »

Comments Sen comentarios »

basesEn abril de 1976 o Consello de Forzas Políticas Galegas (CFPG), integrado pola UPG, PSG e PGSD, sacaban á luz as “Medidas económicas para un programa de goberno provisorio galego”, facendo parte das chamadas “Bases Constitucionais”. O panfleto ao que nos referimos foi publicado e distribuído pola UPG, a organización histórica do nacionalismo e a única que vive hoxe en día daquel CFPG. Non é a intención deste texto facer unha chamada en alto para volver ás medidas de hai 30 anos mais si para exemplificar a mudanza teórica e práctica dunha UPG que controla (en todos os sensos) a Consellaría de Industria, é dicir, a consellaría que intervén directamente nas medidas da política enerxética da nosa nación. Ler mais »

Comments Sen comentarios »

o salario do silencioNo marco da campaña proxectaranse diversos documentais na vila de Cangas durante este mes de abril.

Ler mais »

Comments Sen comentarios »

fenosaUNIÓN FENOSA continúa a tradición asoballadora daquela empresa creada por Pedro Barrié de la Maza en 1943, cuxa primeira actuación como “Fuerzas Eléctricas del Noroeste” foi a continuación das obras do encoro das Conchas que foran iniciadas meses antes polas sociedades fundadoras de Fenosa: Banco Pastor, Hijos de Olimpio Pérez e Industrias Gallegas. Coa adquisición das concesións para o aproveitamento integral do río Miño comezaba toda unha xeira de construción de encoros desde Portomarín aos Peares. En 1962 iníciase a construción do encoro de Velle e as sondaxes previas á do encoro de Castrelo de Miño, ao tempo que lle é outorgada a concesión do aproveitamento hidroeléctrico do río Avia, mediante o chamado Salto de Albarellos.

Ler mais »

Comments Sen comentarios »

“Hay una subvención indirecta de Fenosa a Galicia en la distribución, porque el coste del servicio es inversamente proporcional a la densidad de la distribución, y Fenosa gasta más para dar en Galicia la misma calidad de servicio que en Madrid.”

Pedro López Jiménez, presidente de Unión Fenosa.

Nunca ninguén ousara dicir tal cousa. Tales palabras foron pronunciadas o día 31 de marzo de 2008 na cidade de Vigo polo presidente de Unión Fenosa. Ben sabemos que unha parte da frase é certa: a maior diseminación poboacional, maior cantidade de metros de cable; pero atreverse a falar de calidade no servizo da subministración eléctrica é un insulto aos consumidores. En todo caso, canto non lle debe Unión Fenosa a Galicia?

Son moitos anos aturando o uso indiscriminado do noso territorio para a produción de enerxía con destino, fundamentalmente, á exportación. Foron Fenosa e Iberdrola, que explotaron ao máximo os ríos Miño e Sil, e os seus afluentes respectivos, asolagando os mellores vales e provocando o paro e a emigración de milleiros de persoas; foron a propia Fenosa e mais Endesa, coa explotación de lignito, tamén para a produción de electricidade… e dunha contaminación que chegaba polos aires a Irlanda e ás Illas Británicas; foron ducias de minicentrais concedidas, especialmente, baixo o goberno de Fraga Iribarne; foi a instalación de Reganosa, a regasificadora de Mugardos;…

Ler mais »

Comments Sen comentarios »

  • Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
.::FRENTE POPULAR GALEGA::.
Pechar
E-mail It