Inicio seta Documentos seta Comité Executivo seta Día da Patria de 2009: CARA A XORNADA NACIONAL DE LOITA
Menú Principal
Inicio
Sobre a FPG
Documentos
Nacional
Internacional
Colaboracións
Descargas
Multimedia
Ligazóns
Contacto
Procurar
Lista de correo

Recibe as novidades da web da FPG no teu enderezo de correo electrónico






a FPG no facebook
escudo_gz.jpg
 

Día da Patria de 2009: CARA A XORNADA NACIONAL DE LOITA PDF Imprimir Correo-e
 
Día da Patria de 2009: CARA A XORNADA NACIONAL DE LOITA

 
Non estamos ante un 25 de xullo calquera. O último ano foi rico en feitos, experiencias e ensinanzas que non podemos desaproveitar. Hoxe asistimos ao noso Día Nacional no medio dun trebón de proporcións aínda por determinar e que ameaza mesmo con rematar coas bases materiais da nación:
 
O modo de produción capitalista tal e como o coñecemos hoxe en día entrou en quebra desde o momento en que o corazón da besta, o capital financeiro, deu síntomas de colapso. A resposta da grande burguesía e os seus valedores foi transferir os custos desa quebra sobre a clase obreira e o conxunto das clases populares, que, sen un contrapoder sociopolítico que as respalde, están indefensas ante este novo e xigantesco expolio. En Galiza chove sobre mollado. A nosa nación leva en crise e expolio permanentes os últimos quiñentos anos, porén, si é certo que esta crise do sistema capitalista estanos afectando dun xeito especial ao carecermos das mínimas ferramentas políticas para poder afrontalo. Isto é un Estado propio ao servizo das clases populares.
 
O capitalismo colonial e os seus representantes locais están castigando duramente ao noso pobo para continuaren mantendo o seu status actual:
 
A clase obreira galega está pagando un prezo ben alto na actual conxuntura: salarios de miseria, desemprego, expedientes de regulación de emprego, precariedade, horarios interminábeis, “accidentes” laborais..., mentras a patronal, a través da chantaxe, pretende que sexa a clase traballadora a que pague a crise e que renuncie a todos os dereitos gañados en anos de loitas. Neste momento histórico cómpre destacar a exemplar loita d@s traballadores/as do metal, demostrando que a loita e a unidade obreira son, á marxe das cúpulas do sindicalismo pactista e dos lacaios da patronal, o único camiño fronte á chantaxe empresarial e o seu modelo social escravista.
 
O conxunto das clases populares ven como día a día as súas posibilidades de supervivencia vense seriamente comprometidas. Sectores estratéxicos para a nosa nación como o agro-gandeiro están en estado crítico e con mobilizacións continuas na rúa e, aínda máis, sen perspectiva de futuro no actual marco político.
 
A Terra que nos dá o soporte preciso para a vida vese seriamente ameazada. Ás políticas mornas do anterior bipartito suceden agora as políticas agresivas da dereita española. Reactivar o compromiso que nunca abandonamos coa defensa da Terra é xa un imperativo. E mentres tanto o pobo de Cangas volve novamente amosarnos o camiño da dignidade e a clarificar os lados da trincheira: quen está co capital depredador e quen cos intereses populares.
 
Desde a Frente Popular Galega temos denunciado insistentemente que a nosa cultura, e nomeadamente o noso idioma, levan toda esta etapa histórica de autonomía colonial en claro retroceso, mais precisamente agora as políticas agresivas e fascistoides do novo goberniño da Xunta poñen no punto de mira o Galego, e non por casualidade. Estes novos imperialistas atacan ao noso idioma co fin último de exterminar a cerna mesma da nación, e con ela a posibilidade de vivirmos libres e independentes. Xa Ramón Cabanillas, do que comemoramos este ano o 50 aniversario do seu pasamento, lucidamente describiu o Galego como o noso escudo. E é o noso deber deixarlle ben claro á dereita española que non imos ceder un milímetro na defensa do noso idioma nacional que segue sendo a chave da porta da nosa liberdade.
 
E como cemento de todo o anterior asistimos ao inevitábel recorte de dereitos e liberdades que o Estado español está impoñendo por toda a parte contra os movementos populares e nomeadamente contra os movementos de liberación nacional como se veu recentemente no seu intento de ilegalizar a candidatura de Iniciativa Internacionalista, que mobilizou na nosa nación unha marea solidaria sen precedentes desde había moitos anos.
 
Esta situación de auténtica emerxencia nacional fai que desde a FPG neste Día Grande, no Día da Patria, fagamos un chamamento en dupla dirección: por un lado a tod@s @s patriotas, revolucionari@s e demócratas auténtic@s a seguir afondando na estratexia que nós denominamos Reconstrución Orgánica da Esquerda Nacionalista co fin de dotar ao noso pobo da ferramenta sociopolítica de masas precisa para afrontar este tempo histórico e levalo rumbo á República Galega e ao socialismo; por outro, cómpre desde xa traballar decididamente na acumulación de forzas para a convocatoria da Folga Xeral Nacional. É preciso responder nas rúas á ofensiva global que lanzou a burguesía e o imperialismo español tomando a iniciativa e unificando as loitas sectoriais nunha grande Xornada Nacional de Loita. Non queda outra alternativa. Hoxe como sempre a loita é o único camiño.
 
Finalmente desde a FPG, e por terceiro ano consecutivo, chamamos a participar na manifestación convocada pola entidade autodeterminista Causa Galiza o 25 de xullo en Compostela baixo o lema “Contra a crise do capital, soberanía nacional” así como ao xantar de confraternidade que todos os anos organizamos aos pés do monte Pedroso.
 
Galiza, a 24 de xullo de 2009
 
Viva o Día da Patria!
Independencia e Socialismo!
 
< Ant.   Seg. >

.:: Especiais
BURGA
V Asemblea Nacional

 

Moncho Reboiras, 35 aniversario do seu asasinato

 

Frente Popular Galega