Inicio
Menú Principal
Inicio
Sobre a FPG
Documentos
Nacional
Internacional
Colaboracións
Descargas
Multimedia
Ligazóns
Contacto
Procurar
Lista de correo

Recibe as novidades da web da FPG no teu enderezo de correo electrónico






escudo_gz.jpg
Sindicación
 

Crónica do 25 de xullo de 2010: ABRINDO CAMIÑOS Á REPÚBLICA GALEGA
 
Crónica do 25 de xullo de 2010: ABRINDO CAMIÑOS Á REPÚBLICA GALEGAHai uns días celebramos, como vén facendo a Galiza rebelde desde hai noventa anos, un novo Día da Patria. Moito choveu desde que as Irmandades da Fala proclamaran o 25 de xullo como o noso día nacional e moitos foron eses días que tiveron de ser celebrados na clandestinidade. Aínda así, as nosas arelas de liberdade, o noso compromiso coa loita pola República Galega, lévanos a manter esta data, non coma un día de liturxia simbólica, baleiro de contido, senón coma unha xornada de celebración mais tamén de loita activa e renovada na que mostramos a nosa dignidade como galegas e galegos libres. Eis a Galiza rebelde que non claudica ante as continuas agresións que sofre por parte do Estado español e o seu apéndice autonómico.
 
Como vén facendo desde os inicios da iniciativa a Frente Popular Galega considerou apropiado neste 2010 apoiar a manifestación autodeterminista convocada por Causa Galiza que partía, nunha Compostela humillada pola presenza dos Borbóns e sitiada pola policía española, arredor das 13.30 horas da Alameda. Ao remate da mesma celebramos, como xa é tradición, o noso xantar de confraternidade no monte Pedroso. Foi aquí onde tivo lugar o acto político propio da FPG no que interviron amigos e representantes do Partido e tamén algúns representantes das delegacións internacionais que nos acompañaban.
Ler máis...
 
Manifestación o 28X en Compostela pola Folga Xeral
 
Manifestación o 28X en Compostela pola Folga XeralDesde a FPG, e como noutras ocasións, apoiamos a manifestación convocada pola CUT que terá lugar o vindeiro día 28 de xullo nas rúas de Compostela. Esta mobilización está englobada dentro da campaña pola Folga Xeral Nacional que a Central Unitaria está a levar a cabo desde hai dous anos.
Ler máis...
 
Día da Patria 2010: ABRINDO CAMIÑOS Á REPÚBLICA GALEGA
 
Día da Patria 2010: ABRINDO CAMIÑOS Á REPÚBLICA GALEGA

 
Hai agora un ano describiamos a grandes trazos a grave situación pola que atravesaba o noso Pobo e apuntabamos por onde se debían encamiñar os procesos que puderan pór couto a esta situación. Hoxe, en 2010, a situación vese seriamente agravada dada a profundización da crise do modo de produción capitalista e das receitas que desde o Estado español se están a impor para sandar á besta ferida non só transferindo de xeito escandaloso os custes da recuperación do capitalismo sobre a clase obreira e as camadas populares, como xa sinalabamos o pasado ano, senón mesmo declarando o goberno do PSOE e por decreto a guerra ás conquistas da clase obreira e todo isto nun escenario no que é imposíbel agochar as grandes e graves carencias democráticas dese Estado.
Ler máis...
 
Manifestación o Día da Patria en Compostela
 
Manifestación o Día da Patria en CompostelaDesde a nosa organización e por cuarto ano consecutivo queremos facer un chamamento ao pobo traballador galego a participar na manifestación nacional convocada pola entidade autodeterminista Causa Galiza o 25 de xullo, Día da Patria, en Compostela baixo o lema Para enfrentarmos o capital, aquí e agora soberanía nacional, que sairá da Alameda ás 13:00 horas.
 
Dispoñíbel para descarga o relatorio da Conferencia Nacional
 
Disponíbel para a descarga o relatorio da Conferencia NacionalPodes ler o relatorio aprobado na última Conferencia Nacional da FPG que baixo a palabra de orde É TEMPO DE LOITAR, É TEMPO DE AVANZAR realizamos a finais de febreiro.
Ler máis...
 
A vía estatutaria está morta: Galiza necesita a Independencia
 
A vía estatutaria está morta: Galiza necesita a Independencia

Despois de coñecer a sentenza emitida polo Tribunal Constitucional español a respecto do Estatut de Catalunya, as organizacións independentistas Espaço Irmandinho (EI), Movemento pola Base (MpB) e Frente Popular Galega (FPG) queremos transmitir ao pobo galego as seguintes consideracións:
 
Con este auto do TC, o Estado Español volve dar, unha vez máis, mostra da súa natureza antidemocrática: unha norma legal desenvolvida no seo da arquitectura xurídica española, aprobada polo 90% do Parlament catalán, polo parlamento español e refrendada polo pobo catalán, é mutilada por un tribunal creado a propósito para a defensa do “espírito constitucional”, é dicir, neste caso, da defensa da “indisoluble unidad de la nación española”, sacralizada e recollida no artigo 2º dunha Constitución española, que o propio Franco deixou ben atada na persoa do Borbón, e á que o noso pobo virou as costas masivamente en 1978.
Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 1 - 6 de 200

.:: Especiais
BURGA
V Asemblea Nacional

 

Moncho Reboiras, 35 aniversario do seu asasinato

 

Frente Popular Galega